"... cantar unha vida enteira cun chisquiño de proveito...": un Romance para festejar el Dies Natalis de nuestra M M Antonia-2023
De izquierda a derecha: D. Santiago Fernández, Don José-Antonio Seoane, D. Antonio Pena D. Juan Carlos Martínez y el gran teólogo gallego, D. Andrés Queiruga. |
1700-1760
"Deixaches que a Luz fixesecamiño no teu vivir..."
Falar dunha vida santatal como a vexo e sospeitoé unha empresa que me encantae achega grande proveito.
Neste lugar do Penedo,
María Antonia Pereira
sendo aínda moi mociña
casou co bo Juan Antonio,
fundaron nova familia.
O home foise para Cádiz
buscando medios de vida,
e ela quedou en Baiona
coidando á criaturiña.
Aquelo trouxo incomodos,
e debilidades varias,
máis tamén foi ocasión
de afondar moito en pregaria.
Acolleu este mandado,
ollando a un Crucifixo:
"sígueme" e non tordees,
non deixes o meu camiño.
-Miña filla, non te canses:
quero ser eu o teu Mestre.
-Pois seguireite, abofé,
erguida coma alcipreste.
Pasada unha ducia de anos,
despois de teren dous fillos,
trazaron facerse "irmáns"
tendo todos os permisos.
E foi polo san Xosé,
-tamén coma no casoiro-
cando deron este paso
cada un cara ao seu coro.
Fundar en vida un Carmelo
era teima desde nova;
conseguíuno, e non sen probas,
humanas e relixiosas.
Cuntis, Caldas e Baiona,
dando a volta por Sevilla...
e foi monxa en Alcalá,
antes de a ser en Galicia.
Descobre, e moi axiña,
que nos asuntos de Deus
as súas verbas son obras,
como han ser tamén nos seus.
Despois de buscarlle sitio
e de darlle moitas voltas,
foise facendo en Santiago
un convento para as monxas.
Mentres, vivían estreitas
nunha esquina de san Roque,
e agardaban estrear
Carmelo con albaroque.
Ela foi, por obediencia,
escribindo a súa Vida;
e tamén o Edificio...
para animar ás súas fillas.
Gardáronse estes escritos
coma un tesouro entre panos,
agora saen á luz
para os amigos e estranos.
O século, tan 'das luces',
sospeita do relixioso,
pero cunha fe vivida
faise un carreiro fermoso.
A "monxiña do Penedo",-e sempre con sinxeleza-vai por místicas congostras
amando sempre a pobreza.
E así, os seus escritos
rezuman sabeduría,
que, ao xuntarlle a humildade,
achegan ao Deus da vida.
Finou case aos sesenta
cos froitos propios dos santos
e no ceo e no seu claustro,
repousa dos sobresaltos.
Axiña empezan a busca
dos feitos de santidade
entre moitas testemuñas
de veciños e irmandade.
Mais aquelo foi parando,sen saber moi ben por qué;proclamada 'venerable':
¡teremos moito por ver!
Grazas Alento de Amor,
Grazas por María Antonia
de Xesús, Noso Señor.
*
non foi pouco atrevemento:
cantar unha vida enteira
e arrincarlle bo proveito.
"O Morcego Troveiro" (O Penedo, 9-4-2022)
Agradecimientos: Vaya nuestra enhorabuena y más cordial agradecimiento a don José-Antonio Seoane Ares, actual capellán de nuestra comunidad de carmelitas, autor -poeta y cantor- de la historia da nosa Monxiña, cuyo pseudónimo lo identifica bellamente en su faceta literaria: "O morcego troveiro", como hemos deseado firmar al finalizar este Romance....
Esto do "morcego troveiro" tén unha explicación: este animaliño singular vive "a contrapelo" (coma os bos cristiáns, coma as monxas) furando na noite... ve pouco e voa moito...é silencioso...
ResponderEliminar