Homenaje a María Antonia en el día de su santo patrono:
 San Antonio de Padua

Muiños en O Penedo, que se conservan "entre carqueixas e toxos"

Entre carqueixas e toxos
move o regato un muiño.
Entre carqueixas e toxos
fixo o Señor un camiño.

E deixou unha siñal
fixa, firme e duradeira
que daríalle o lugar
o mesmo nome da pedra.


Entre xestas e fiunchos
que medran naquel Penedo
nun feiticeiro curruncho
naceu a nena moi cedo.


Dinche as follas amarelas,
destintadas po lo tempo,
ca rapaza era cativa,
mais Deus, que nin para neso
nin precisa de ninguén
pra facerse ver El mesmo,
das tenras bagoas da nena,
fondas bagoas do seu peito,
nese seu calar que fala
fixo Deus o seu espello
onde ela o contemplaba
onde víase a Sí mesmo.


Galega tiña que ser
quen nos fundase o Carmelo
unha galega e muller

firme como seu Penedo.


Poetisa: María del Salvador González-Raposo


Comentarios